Polo dereito de
Xosé
Marta
Laura
Iago
Se chegaches aquí é porque coñeces a situación actual do galego.
As administracións non están a cumprir as súas obrigas co noso idioma. As persoas galegofalantes están sendo estigmatizadas, mesmo nalgúns casos chegan a ter problemas coa xustiza por defender e falar a nosa lingua!
Isto pasoulles a Marta, Xosé, Laura ou Iago: casos reais de galegofalantes que viviron situacións de discriminación lingüística e que nós, A Mesa, defendemos até o final.
A situación é difícil mais, coa túa axuda, estaremos máis preto de acadar a solución.
Contamos contigo?
O que non se nomea, non existe
Velaquí as historias de Xosé, Marta, Laura e Iago. Casos reais de galegofalantes que foron discriminados por usar a nosa lingua e que acudiron á Mesa para defender os seus dereitos lingüísticos:
A Mesa tramitou máis do 65% das queixas á administración pública por vulneración dos dereitos lingüísticos.
Contamos contigo para reducir esa porcentaxe, para que se respecte o uso do galego e ás persoas que o falamos. Formando parte da Mesa axudarasnos a conservar, defender, e acadar a normalización plena da nosa lingua.