1. QUEN INFORMA
ASOCIACIÓN A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍTICA, con CIF: ESG15154610 é a responsábel do tratamento dos datos persoais dos nosos/as usuarios/as. Estes datos serán tratados de conformidade co disposto nas normativas vixentes sobre protección de datos persoais, ou Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril de 2016 (GDPR) relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.
ASOCIACIÓN A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA comprométese ao cumprimento da súa obrigación de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de gardalos. Para iso adoptará as medidas necesarias para evitar á súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado de acordo con establecido no Regulamento.
2. ONDE INFORMA
ASOCIACIÓN A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, a través da páxina web www.amesa.gal no apartado correspondente á política de privacidade. Máis información en “Aviso legal”.
3. TRATAMENTO DE DATOS
As operacións, xestións e procedementos técnicos que se realicen de forma automatizada ou non automatizada e que posibiliten a recollida, almacenamento, modificación, transferencia e outras accións sobre datos de carácter persoal, teñen a consideración de tratamento de datos persoais.
4. LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO
A base da lexitimación do tratamento de Datos Persoais será a que resulte da relación contractual ou precontractual, a laboral ou calquera outra que se requira para o tratamento de datos, tales como o consentimento expreso.
5. COMUNICACIÓNS ELECTRÓNICAS
No caso de recibir comunicacións por estes medios (correos electrónicos, mensaxes de resposta automatizada de formularios, e outros sistemas de comunicación) informámoslle que as mensaxes se dirixen exclusivamente ao seu destinatario e pode conter información privilexiada ou confidencial. Se non é vde. o destinatario indicado, queda notificado de que a utilización, divulgación e/ou copia sen autorización está prohibida en virtude da lexislación vixente.
De conformidade co estabelecido na Lei 34/2002 de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, e a Directiva 2002/58/CE comunicámoslle que no caso de que non desexe recibir comunicacións e informacións de índole comercial mediante este sistema de comunicación electrónica, indíquenolo por esta mesma vía indicando no asunto “BAIXA COMUNICACIÓNS COMERCIAIS” para que os seus datos persoais sexan dados de baixa da nosa base de datos. A súa solicitude será accionada nun prazo de 10 días desde o seu envío. No caso de que non recibamos contestación expresa pola súa banda, entenderemos que acepta e autoriza que a nosa entidade siga realizando as referidas comunicacións.
6. RESPONSÁBEIS D0 TRATAMENTO
De conformidade coa lexislación vixente en protección de datos indicámoslle que os datos persoais que Vde. nos facilira de forma voluntaria por calquera dos nosos medios de recollida de información serán incorporados a tratamentos automatizados e/ou manuais, sendo ASOCIACIÓN A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA a responsábel de devanditos tratamentos. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obrigación legal.
Así mesmo, declara e garante que mantén os niveis de seguridade para a protección de datos persoais conforme dispón a lexislación vixente, e que estabeleceu todos os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado, roubo dos datos facilitados polos interesados e para que os seus empregados observen estas prescricións, así como o deber de segredo sobre os datos obxecto da protección e demais obrigacións de confidencialidade vixentes.
7. CONSERVACIÓN DE DATOS
Os datos serán conservados mentres dure a relación que xera devandito tratamento ou durante os anos necesarios para o cumprir as obrigacións legais. Unha vez finalizada a relación que xustifica o tratamento de datos, estes serán bloqueados conforme ao disposto na normativa, transcorrido o prazo legalmente establecido serán eliminados. (ver en cada finalidade o prazo de conservación).
8. COMUNICACIÓN DE DATOS
Os datos non serán cedidos a terceiros sen previo aviso, salvo nos casos en que exista obrigación legal.
9. DEREITOS DOS INTERESADOS
A normativa de protección de datos confírelle ao titular dos datos persoais os seguintes dereitos:
A normativa de protección de datos confírelle ao titular dos datos persoais os seguintes dereitos:
- Dereito a revogar calquera consentimento prestado previamente.
- Dereito de acceso: Coñecer que tipo de datos están a tratarse e as características do tratamento que leva a cabo
- Dereito de rectificación: Poder solicitar a modificación dos datos que sexan inexactos ou non veraces
- Dereito de portabilidade: Poder obter unha copia en formato interoperábel dos datos que estean a ser tratados.
- Dereito á limitación do tratamento nos casos que considere que non é necesario.
- Dereito de cancelación: Solicitar o cesamento do tratamento dos datos e a súa supresión cando xa non sexa necesaria a súa conservación
Pode solicitar a protección dos seus dereitos que afectan o tratamento dos seus datos ante a Axencia Española de Protección de datos r/ Jorge Juan, 6 28001-Madrid – FAX: 914483680- TELF: 901 100 099- E-mail: ciudadano@agpd.es
Se desexa máis información respecto ao tratamento dos seus datos, rectificar aqueles que sexan inexactos, oporse e/ou limitar algún tratamento que considere que non é necesario, ou solicitar a cancelación do tratamento cando os datos xa non sexan necesarios, pode dirixirse por escrito a ASOCIACIÓN A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA en avda.de Lugo, 2A, entresollado A, , 15702 – Santiago de Compostela (A Coruña) ou mediante correo electrónico a amesa@amesa.gal.
- Dita comunicación deberá reflectir a seguinte información: Nome e apelidos do usuario, a petición de solicitude, o domicilio e os datos acreditativos.
- O exercicio de dereitos deberá ser realizado polo propio usuario.Porén, poderán ser executados por unha persoa autorizada como representante legal do autorizado. En tal caso, deberase achegar a documentación que acredite esta representación do interesado.
10. FINALIDADES DOS TRATAMENTOS DE DATOS
Detallamos a continuación as finalidades dos tratamentos de datos levados a cabo por algún ou todos dos responsábeis de tratamento enumerados anteriormente:
ACTIVIDADE DE TRATAMENTO | FINALIDADE DO TRATAMENTO | BASE DE LEXITIMACIÓN |
Xestión laboral | Xestión do persoal para formalización dun contrato laboral, control de expedientes, xestión de nóminas, control horario, formación, plan de pensións e PRL. | Relación contractual |
Xestión fiscal e contábel | Tratamento necesario para o cumprimento das obrigas fiscais e contábeis | Relación contractual Obrigación legal para o/a responsábel Intereses lexítimos prevalentes do responsábel ou de terceiros |
Xestión de contactos | Tratamento dos datos para poder manter comunicacións cos interesados/as | Relación contractual Intereses lexítimos prevalentes do responsábel ou de terceiros Consentimento expreso do interesado/a |
Prevención de riscos laborais | Cumprimento da lexislación vixente en materia de prevención de riscos laborais e vixilancia da saúde | Relación contractual Obrigación legal para o/a responsábel |
Organización de eventos e actividades | Xestión e coordinación de actividades e eventos afíns á actividade da asociación. Control de asistencia e participantes. | Relación contractual Consentimento expreso do interesado/a |
Comunicación informativa e notificacións | Difusión de actividades e notificacións de información relevante relacionada coa actividade da entidade | Intereses lexítimos prevalentes do responsábel ou de terceiros Consentimento expreso do interesado/a |
Xestión de asociados/as | Xestións necesarias cos asociados/as da organización: alta como asociado/a, cobro de cotas, envíos informativos…e outras xestións aprobadas nos estatutos da organización | Relación contractual Consentimento expreso do interesado/a |
Xestión multimedia | Tratamento de imaxes e/ou vídeos para a difusión en medios de comunicación e redes sociais e a promoción das actividades | Consentimento expreso do interesado/a |
Comercio electrónico | Elaboración e xestión de pedidos e compras realizados a través de plataformas web. | Relación contractual Relación comercial |
Xestión de provedores | Análise, valoración, contratación, xestión de pedidos e xestión de pagos a provedores | Relación contractual |
Estatísticas para investigación | Análise estatístico e investigación | Interese público ou exercicio de poderes públicos Intereses lexítimos prevalentes do responsábel ou de terceiros Consentimento expreso do interesado/a |
Xestión de reclamacións e consultas | Xestión de consultas de clientes, potenciais clientes/as, usuarios/as e outros interesados/a, sobre os servizos da empresa ou a xestión de reclamacións sobre facturación, entrega do servizo ou outras motivacións | Consentimento expreso do interesado/a |
Xestión de socios/as | Mantemento da relación cos socios/as, xestión de contactos, cobro de cotas, envío de publicidade de terceiros e outras actividades afíns. | Relación contractual |
Xestión de doadores económicos | Xestión dos datos de interesados/as en realizar unha achega á entidade e o control correspondente para a súa dedución ante a Axencia Tributaria | Relación contractual Consentimento expreso do interesado/a |
Xestión de voluntarios/as | Coordinación das tarefas e actividades asignadas para a prestación dos servizos obxecto da actividade da entidade | Relación contractual |